Alba Senande Fernández

Son unha persoa con moitas virtudes (alegre, traballadora,...) pero tamén con moitos defectos (cabezota, perfeccionista,...) que me fan ser o que son

Introdución

Introdución

Última actualización de en Alba Senande Fernández

image

 

ALBA SENANDE FERNÁNDEZ

5º PSICOPEDAGOXÍA

 

 

ÍNDICE:


1. Introdución -- Páxina 1

2. Peza 1. Achegamento ao termo asesoramento --  Páxina 2

3. Peza 2. Malestar/benestar docente -- Páxina 3

4. Peza 3. Culturas profesionais nos centros educativos -- Páxina 4

5. Peza 4. Visión da práctica orientadora -- Páxina 5

6. Peza 5. Conclusións -- Páxina 6

7. Bibliografía e webgrafía -- Páxina 7

 

INTRODUCIÓN

A creación do presente crebacabezas ten como obxectivo ir engadindo e colocando todas as pezas que se foron creando ao longo da materia: Asesoramento curricular a centros e profesores, a partir tanto dos documentos analizados como das explicacións dadas pola mestra. 

Cabe destacar que, ao longo deste proceso de creación, xurdiron moitas dificultades como a confusión de intentar unir unhas pezas con outras, as cales non coincidían; a creación de pezas inadecuadas... debido a que era un crebacabezas totalmente novidoso e cunha temática de difícil conceptualización ao encontrarse moi identificada co termo orientación.

No tocante, as principais pezas que se utilizarán na creación deste crebacabezas, cabe destacar as seguintes:

 imageAchegamento ao termo asesoramento. Nesta peza, inclúese a definición do termo asesoramento, os seus distintos modelos, o asesoramento curricular...

 

2 piezaMalestar/benestar docente, onde se inclúen diversas causas que inciden na existencia do síndrome de profesor queimado, tan común actualmente, así como as súas consecuencias e solucións posibles.

 

imageCulturas profesionais nos centros educativos. Estas serán as seguintes: individualización, balcanización, colexialidade forzada e cultura de colaboración. Ademais, mostrarase a importancia da coordinación e o traballo en equipo entre os diversos profesionais.

 

Visión da práctica orientadora. Neste apartado, poderase observar o traballo desempeñado por unha pedagoga terapéutica que conforma parte do departamento de orientación dun Instituto de Educación Secundaria.

imageConclusións.

 

Antes da creación deste crebacabezas, é necesario ler o manual de instrucións:

 

Este pode entenderse como a análise do programa da materia, así como as primeiras impresións que me xerou, e que se poden ver plasmadas no seguinte documento:

As miñas primeiras impresións

 

Este blog, o cal vou comezar hoxe, espero que me permita ao finalizar esta materia ver os cambios que fun experimentando durante o seu transcurso e que se reflictan nun maior coñecemento sobre o asesoramento para poder levalo a práctica de maneira efectiva.

O primeiro día de clase tiña a idea de que esta materia sería totalmente teórica e expositiva como é a maioría das que cursamos ata agora; sen embargo, isto non foi así tal e como explicou a mestra durante as dúas primeiras sesións tanto pola súa metodoloxía (a través do portafolios), como o seu sistema de avaliación, proceso de ensinanza-aprendizaxe,... xa que se trata dunha forma totalmente activa e onde se defende a autonomía frente a pasividade do alumnado.

Con respecto a primeira das tarefas encomendadas e que se encontra subida nun arquivo denominado: Relación entre asesoramento e materias estudadas, esta permitiume recordar todos os coñecementos previos que tiña sobre o asesoramento e que tiña gardados como nun "baúl dos recordos" debido a que se traballou en moi poucas materias, o que considero un grave erro xa que é a función principal dun psicopedagogo.

Como se pode observar no texto, esta materia supuxo unha forma novidosa de traballar ao presentar, dende a miña experiencia, unha ruptura cos procesos de ensinanza e aprendizaxe tradicionais e a integración dos mass medias de forma activa. Todo isto, por un lado, motivoume; mentres que por outro, me fixo sentir algo perdida, sobre todo, con respecto ao portafolios que estou a realizar, o cal espero que durante a súa elaboración me permita aclarar de forma definitiva todos os coñecementos que adquirín con respecto a esta materia.

Logo da lectura das instrucións, é necesario conseguir unha táboa ou unha lámina sobre a que realizar o crebacabezas.

 

Este material ten como finalidade presentar unha base adecuada para a súa realización e que as pezas logo de ser montadas non caian. Isto relacionase intimamente coa necesidade de activar os nosos coñecementos previos sobre o asesoramento, co obxectivo de aunalos coa nova información a adquirir. O seguinte documento pode plasmar isto:

 

Relación entre asesoramento e materias estudadas

 

Ademais deste documento, cabe mencionar unha actividade relacionada co que entendíamos, a nivel grupal, que era o asesoramento.

 

¿Que entendemos por asesorar?

 

Nesta, pódese observar que tiñamos unha visión reducionista e simplista del, presentando como definición, unha que se podía corresponder facilmente coa orientación. Sen embargo, serviunos para activar os coñecementos previos.