Alba Senande Fernández

Son unha persoa con moitas virtudes (alegre, traballadora,...) pero tamén con moitos defectos (cabezota, perfeccionista,...) que me fan ser o que son

Peza 5. Conclusións

Peza 5. Conclusións

Última actualización de en Alba Senande Fernández

Esta última peza permite facer o crebacabezas completamente, xa que relaciona todas as pezas anteriores entre si. Nesta, gustaríame destacar o que entendo actualmente por asesoramento: acción indirecta co alumnado pero directa co profesorado dirixida a súa axuda tanto para unha terceira persoa como para o profesorado en si mesmo, que se leva a cabo de maneira horizontal e a través dun proceso de colaboración onde se tomen as decisións en equipo. Este asesoramento debe darlle competencias ao profesorado para actuar co respectivo cliente co fin de actuar en situacións semellantes futuras sen necesidade de axuda.

Cabe sinalar tamén a importancia da cultura de colaboración nos centros educativos co fin de desenvolver a democracia entendida por Domingo (2010). Isto non só melloraría o clima do centro educativo senón que axudaría ao desenvolvemento do benestar docente e a mellor actitude por parte do profesorado.

Por último, considero  necesario sinalar a importancia de atender a diversidade, non intentando crear persoas homoxéneas. Unha imaxe que representa isto é a seguinte:

 

Viñeta sobre a homoxeneización da educación


Como se pode observar no seu comentario, é necesario desenvolver e formar integramente ao alumnado a través das súas propias características, potencialidades e limitacións non intentando crear meramente enciclopedias que recorden todo o ensinado.


Gustaríame facer aquí un breve comentario sobre a aportación que me fixo esta materia aos meus estudos. Considero que esta, abriume un campo de actuación por parte do orientador que non se tratara en ningún momento da licenciatura, así como me permitiu coñecer como pode actuar un asesor con respecto ao profesorado e ao centro educativo para a súa mellora e solución de problemas. Isto pode relacionarse coas materias desta licenciatura referidas a diagnóstico en educación e trastornos da personalidade, xa que me permitiu observar que sería función do asesor a detección do alumnado con necesidades educativas. Tamén, se encontra intimamente relacionado coa asinatura de modelos de orientación e intervención psicopedagóxica, xa que nela móstranse diferentes modelos a levar a cabo e con orientación educativa e titoría.

Por último, atendendo a miña autoavaliación, creo que traballei de forma constante subindo todas as semanas dous documentos e realizando para as sesións un diario de clase onde resumía o traballado nelas, así como reflexionaba sobre a información dada. No tocante aos arquivos, estes son de diversa índole existindo: imaxes, documentais, vídeos divertidos, artigos de revistas, libros... a través dos cales puiden atopar diversos modelos de asesoramento, culturas profesionais... e analizando estes de maneira pormenorizada.


image

CREBACABEZAS COMPLETO!!!