Páxina 5: O ático da casa

Páxina 5: O ático da casa

Última actualización de en Damián Varela Sánchez

Chegados e este punto so queda unha pranta máis por contruír. Aquela que pon o punto e final a construción desta vivenda de asesor que levamos construíndo dende hai máis de 100 dias.

atico da casa

Digo punto e final, pero mellor dito debería dicir punto e aparte. Un punto onde a nosa formación "de base" se da por rematada e o que agora se espera de nós é que esa formación a poñamos en práctica e fagamos que se resquebraxe unha e outra vez para que deste xeito estemos continuamente reelaborando os nosos coñecementos sobre un campo tan amplo, variado e complexo como é o do asesoramento.

Ese andar ao que me acabo de referir trátase do ático da casa onde irán recollidos dous documentos mñais: unha reflexión final sobre a materia en todo o seu conxunto e as referencias empregadas para a elaboración desta casa e que non foron incluídas nos andares anteriores.