Páxina 4: O segundo andar

Páxina 4: O segundo andar

Última actualización de en Damián Varela Sánchez

Continuando coa miña construción, atopome xa no segundo andar. Este andar ten a mesma estrutura tipo "loft" que o andar anterior polo que paso xa a reflexar a continuación as actividades que inclúo dentro del.

segundo andar

 

Coma sempre, abrimos a correspondente porta:

()

Unha veza aberta, atopámonos cunha serie de actividade que teñen como elemento común que se tratan de "Procesos e ferramentas para o desenvolvemento curricular na atención á diversidade". Pese a que algúns dos contidos incluídos neste andar xa están reflictidos en habitacións de andares anteriores, creo que é preciso volvelos a incluír aquí coa finalidade de dar unha maior riqueza a todo o discurso. A selección realizada sobre estes procesos e ferramentas reflexase a continuación:

 

Adatacións Curriculares

Boas a todas e todos.

Nesta entrada vou a incluír un pequeno documento que encontrei sobre as adaptacións curriculares. O texto, o cal adxunto como anexo, é un pequeno extracto que obtiven do libro “Supuestos prácticos en Educación Especial (1998). Ed. Escuela Española: Madrid” en concreto da páxina 26 á 31.

Trátase dun apartado onde se profunda no tema das adaptacións curriculares abordándose aspectos como os niveis de concreción curricular (as adaptacións estarían no cuarto nivel aínda que non todos os autores recoñecen este nivel de concreción curricular), os tipos de adaptacións en función dos elemento que se modifican do currículo (elementos de acceso vs elementos básicos), os criterios de significatividade dunha adaptación, entre outros.

Creo que é un documento que clarifica algo máis os aspectos traballados na aula e permite velo de forma moi gráfica xa que inclúe unha serie de mapas conceptuais que, ao meu parecer, son moi clarificadores.

Extracto do libro

 

Recomendaciones prara elaborar un PAPEA

Neste enlace podedes ver un documento da Consejería de Educación y Cultura da Junta de Castilla y León onde se dan diversas recomendacións sobre como elaborar un Plan de Apoyo al Proceso de Enseñanza y Aprendizaje (PAPAE).

http://www.lopezdemendoza.es/desc/Secretaria/Plan_apoyo_Ense%C3%B1anza_Aprendizaje.pdf

  

Exemplo dunha ACI


Ademais de todo o visto hasta o momento, tamén quero dicir que na seguinte ligazón pódese atopar un pdf que contén un amplo documento elaborado pola consellería de educación do Principado de Asturias (educastur) sobre as medidas de atención a diversidade. O documento recolle un amplo abano de medidas e un aspecto que me parece a pena destacar é a estrutura que ten dito documento xa que dividiron as diferentes medidas de atención á diversidade en función dos distintos niveis educativos.

Creo que é un documento que nos pode resultar moi interesante de cara a coñecer cales son as medidas que existen e o nivel educativo no que se poden tomar

http://www.educastur.es/index.php?option=com_content&task=view&id=2278&Itemid=87 (20-3-2012)

Ademais, na seguinte ligazón podemos atopar unha páxina web creada pola citada consellería de educación asturiana onde podemos atopar numerosa información sobre cada unha das posibles medidas de atención á diversidade. 

Paréceme especialmente interesante o apartado onde se recolle a listaxe de medidas existentes e que permite que por medio de un clic poidamos consultar toda a información relativa á medida que estamos a consultar.

http://web.educastur.princast.es/proyectos/mad/index.php/contenidos_public/detalle/1.html

Así mesmo, tamén inclúo outra ligazón na que se atopa un artigo publicado por Mª Teresa González, Rosa Mª Méndez García e Mª Jesús Rodríguez Entrena na revista Profesorado e que leva por título “MEDIDAS DE ATENCIÓN A LA DIVERSIDAD: LEGISLACIÓN, CARACTERÍSTICAS, ANÁLISIS Y VALORACIÓN”.

Neste artigo, as autoras fan unha análise exhaustiva dos aspectos mencionados no título no marco de comunidade autónoma de Murcia.

http://www.ugr.es/local/recfpro/rev133ART3.pdf (21-3-2012)