1. Introdución

Ao comezo da materia tecnoloxía educativa, falóusenos da metodoloxía de traballo que iamos empregar, a cal ía supoñer un novo reto para nos, tendo que familiarizarnos cun proceso de aprendizaxe baseado no uso das novas tecnoloxías.

Dito proceso de aprendizaxe mediante a utilización dunha rede social, iniciouse coa elaboración dunha breve reflexión acerca do significado que tiña a tecnoloxía; e non digo ten, porque durante o transcurso deste breve período de tempo, non nos imaxinábamos as múltiples aplicacións da tecnoloxía no eido educativo.

Dicir tamén que este curto espazo de tempo nos axudou a descubrir cousas novas, iniciándonos no mundo da tecnoloxía educativa, sendo moitos outros aspectos os que quedan en descoñecemento para nos, de xeito que as portas do noso aprendizaxe non están pechadas.

Con respecto á reflexión inicial, como primeira páxina deste proceso de aprendizaxe, destacar xa a importancia dun uso o máis adecuado posible das novas tecnoloxías, aspecto tratado con posterioridade en sesións de aula.

Tamén cabe facer especial mención á exposición dos diferentes conceptos ou ideas previas sobre o significado que para nos tiña o concepto de tecnoloxía e as súas posibles relacións coa pedagoxía, que nos sumerxiron neste proceso de aprendizaxe levado a cabo nestes últimos dous meses.