2. Toma de contacto

Como xa puxen na introdución, o primeiro que realizamos en dita materia consistiu na redacción da primeira entrada no Stellae sobre a nosa experiencia coa tecnoloxía. Íamos entrar en contacto cun novo proceso de aprendizaxe.

Comezan así as primeiras sesións de clase e polo tanto, as primeiras temáticas sobre as que poder traballar e compartir información na rede. É un proceso no cal tendo en conta as informacións recibidas, tanto nas interactivas como nas expositivas, decido establecer un resumo acerca do que se conta en ditas clases, sen levar a cabo unha búsqueda en profundidade, nin un proceso de reflexión que me leve a unha comprensión en profundidade do tema tratado.

Podemos resaltar deste período entradas como a que recibe o nome de “tecnoloxía e aprendizaxe de linguas estranxeiras”, xa en relación á aplicación das novas tecnoloxías no eido educativo ,. Nela obsérvase soamente un resumo do expresado no vídeo, sen que exista unha reflexión en profundidade sobre dito contido, e polo tanto unha aprendizaxe superficial do presentado. Recollo esta entrada, posto que está en relación coa idea proposta como fío condutor deste proceso: a aplicación da tecnoloxía no ámbito educativo.

Por outra banda, destacan entradas como a denominada “¿información ou coñecemento?” na cal se traballan aspectos relacionados coa temática traballada en clase, pero de novo establecendo un resumo do visto, sen formular interrogantes que conduciran a unha mellor comprensión de ambos conceptos. Resalto esta entrada debido a que foi un dos temas que maior interese me xurdiu, permitindo a modificación dunha crenza persoal, que consistía en que unha persoa que tiña gran cantidade de datos era unha persoa sabía, dándome de conta de que os datos poden ser facilmente esquecibles, polo que non basta con obter unha recopilación dos mesmos, senón que é necesario traballar, organizar, comparar e contrastar esa información; so dese xeito se procurará un coñecemento, que a ser posible, sexa aberto a todos e todas as persoas.