5. Reafirmación do tema central

Unha vez que estaba determinado a temática principal do proceso, era momento para adicarlle un maior número de publicacións. Con isto chégase case ao remate do proceso, completándose dita finalización con dúas temáticas con íntima relación ás novas tecnoloxías no ámbito educativo: por unha banda as políticas de integración das Tics e por outra banda a toma de contacto cos libros empregados actualmente nas aulas e o seu complemento dixital. Deste xeito, as últimas temáticas traballadas na clase eran unha axuda sobre o bloque central constituído.

Destacar tamén deste último período de clase, a visita que Nusa nos fixo a unhas das sesións expositivas, contándonos a difícil situación que se vive no seu país nestes momentos. Con respecto a dita sesión, a publicación “opinión sobre o conflito en Siria” recolle unha reflexión acerca de dita situación, ademais dunha resposta á pregunta que Nusa nos formulou.