6. Conclusións

Chegados ao remate do proceso, foron diversos os aspectos tratados nas diferentes sesións de clase, así como outros os vistos a través de indagacións pola rede. Quería recoller dentro deste apartado as dúas reflexións realizadas sobre o traballado na materia:

http://stellae.usc.es/red/blog/view/140959/reflexion-sobre-a-materia

http://stellae.usc.es/red/blog/view/141641/e-portafolio

Un dos aspectos comentados ao comezo das clases, foi o de si poñer como público ou privado todas as publicacións que realizabamos. Especial importancia tivo a clase sobre a dualidade información-coñecemento e o papel dos creative commons. Porén, se defendo unha postura sobre a profusión dun coñecemento aberto, non ten sentido que todas as publicacións que elaboro no Stellae se queden soamente para min, de xeito que ese foi o motivo principal polo cal decidín poñer accesible a todos e todas as diferentes entradas nos blogs, imaxes… que ía subindo.

Tamén cabe destacar o vídeo realizado en torno á competencia informacional para alumnos que chegan á Universidade, sendo unha experiencia agradable aínda que laboriosa; de todos xeitos, foi un proceso a través do cal reafirmar a aprendizaxe sobre o proceso de búsqueda de información visto nas primeiras sesións de clase, ademais de permitir o traballo colaborativo en equipo.

Este breve proceso de aprendizaxe serviume para obter un coñecemento diferente do que é a tecnoloxía. Antes era visto como algo marabilloso, que nos facía a vida máis sinxela, pero tras o visto nesta materia, comprobei que non todo é un camiño de rosas, senón que debemos ser conscientes dos perigos que ten a tecnoloxía e da importancia que ten desenvolverse como cidadáns críticos e responsables na rede.

Por outra banda, tampouco todo é tan malo, senón que existen infinidade de plataformas, aplicacións, soportes… que fan que a tecnoloxía adquira cada vez máis importancia no mundo educativo. Deste xeito, como bos profesionais da educación que queremos ser nun futuro, debemos ter un certo grao de coñecemento sobre o que a tecnoloxía pode favorecer ou limitar, ademais de saber dar un uso equilibrado entre este tipo de recursos e os tradicionais como o lapis ou os libros de texto.