2. Preparación dos materiais necesarios

Antes de comezar calquera ruta é imprescindible asegurarse de que temos os materiais necesarios e sobre todo un bó calzado. Esto será a base para que, durante o noso camiño teñamos un bó apoio e que, si surxe calquer tipo de imprevisto, podamos acudir á nosa mochila e poder solucionalo.

Hiking The Dream: Cottage Backpacking Gear Companies

Así comezou a miña ruta por Stellae e pola materia de Tecnoloxía Educativa, creando unha base, unha guía que respaldara e me permitira dar comezo a esta aventura.

Empecei elaborando os meus obxectivos , fundamentais para saber dende onde partía, cáles eran os meus coñecementos e as miñas expectativas con respecto a esta materia. O seguinte paso, para a miña preparación para esta ruta, sería a elaboración dunha carta a tecnoloxia. Nela plasmaría a miña situación, contaríalle dende cando creía que a conocía e como consideraba que era a nosa relación. Releer esa carta a estas alturas, mostra o equivocada que estaba ca tecnoloxía, que consideraba que non estivo na miña vida ata ter o primeiro ordenador, cando realmente son unha nativa dixital.

Ambos documentos son claves e básicos nesta aventura xa que son os materiais cos que parto, os que levo na miña mochila, e cos que comezo a camiñar.