1. INTRODUCCIÓN

1. INTRODUCCIÓN

Última actualización de en Silvia

Tendo en conta tanto os obxectivos desta materia como o método de avaliación empregado nela, considero que a frase da portada reflexa a perfección a metodoloxía empregada durante o proceso de ensinanza aprendizaxe, xa que pon a énfases no propio proceso e non só nos resultados obtidos.

Alcanzar determinados coñecementos e habilidades referidos a competencia dixital supuxo para min, ó igual que na busca dun tesouro, a necesidade de seguir determinadas pistas e indicación reflexadas nun mapa (neste caso as indicación do mestre e as motivacións que apareceron logo da retroalimentación dos compañeiros a través da rede social stellae) . Por iso, considero adecuado comparar o proceso seguido nesta materia coa busca dun tesouro, xa que cada clase e traballo, así como cada blog e artigo que lin dos meus compañeiros, foron como pistas que me encamiñaron ata o propio tesouro que sería adquirir, na medida do posible, un boa competencia dixital.

Por outra parte, Gustaríame destacar que o proceso seguido nesta materia permitiu que puidera ir avanzando nos meus coñecementos sobre a rede, traballando dende a mesma. Mentres ia traballando nesta rede decateime da relevancia do proceso, de que o que ia descubrindo cada día era tan importante e útil, o incluso más, que a meta final.

Para finalizar, a estrutura que vou a seguir o longo do desenvolvemento do meu e-portafolios  vai a facer referencia as pistas que considero que foron relevantes para adquirir o meu obxectivo. Nun primeiro paso, dedicareille un espazo a comentar como me sentían antes fronte as TIC e cales foron as miñas sensación o emprender esta busca. O corpo do traballo estará formado polas diferentes pista que comentei anteriormente, para finalizar cun apartado de conclusión unha vez atopado xa o tesouro, onde reflexe como me sinto agora con respecto as tecnoloxías e cales son as miñas expectativa de futuro.