3. PISTA 1: ¿CAL É O VERDADEIRO TESOURO?

O primeiro que descubrín o comezar esta aventura foi que o tesouro que estaba empezando a buscar non era o que eu cría, era moito máis. Na miña cabeza a tecnoloxía abarcaba moitos menos.  Neste primeiro momento a tecnoloxía posou de ser unha mera ferramenta a un recursos que fai máis fácil o noso día a día, chegando incluso a mudar parte da nosa sociedade. Nesta entrada  e neste arquivo refléxase a perfección este primeiro descubrimento, cal era o verdadeiro tesouro.  

Se ides os enlaces poderedes atopar unha descrición de cómo as TIC mudaron a sociedade ata convertela na sociedade da información, caracterizada pola cantidade de información o alcance de todos a un tempo moi reducido, os cambios nas pautas de comunicación interpersoal, o paso de ser un espectador a ser un produtor... isto afecta tamén o mundo da educación que loita por adaptarse ós continuos cambios presentes na sociedade, intentando integrar da mellor maneiras as novas tecnoloxías nos seus procesos.

Por último, gustaríame citar a seguinte entrada da galipedia elaborado polo meu grupo de traballo onde se fala do significado da competencia dixital, que será para min , o verdadeiro tesouro a buscar.