7. O DESENTERRO DO TESOURO

7. O DESENTERRO DO TESOURO

Última actualización de en Silvia

Unha vez rematada esta aventura percateime de que o verdadeiro tesouro non era o que buscaba nun principio. Foi moito máis valioso o camiño que o atopado ao seu remate.  Podo dicir, que pouco a pouco fun aprendendo a aprender pola miña conta, a través de diferentes medios e soportes, que me permitiron ir avanzando, construíndo e mellorando a miña competencia dixital.

Os coñecementos, habilidades e actitudes adquiridos o longo desta materia estame sendo de gran utilidade fora do ámbito da tecnoloxía educativa, xa que agora son máis eficiente buscando información e seleccionando cal considero como válida, son máis prudente a hora de subir contidos a rede, son consciente de moitos recursos que esta nos pode proporcionar e de cómo empregalos, aprendín a darlle importancia o coñecemento aberto e a curación de contidos (a non ser unha mera espectadora da información, senón traballar con ela e transformala para adquirir un coñecemento significativo). 

Para rematar, indicar que este tesouro resultou ser una pista máis que me abre as portas para alcanzar a verdadeira competencia dixital. O meu camiño non remata aquí, senón que debido os cambios que leva implícita tanto as tics como a  sociedade e necesario non para de formarse.