4. Comeza a subida

4. Comeza a subida

Última actualización de en Susana Fernandez Rodil

 

Pasada a primeira etapa, comeza a parte máis dura, a subida intensa ata chegar á cima. É un tramo difícil e costoso pero hai que ser fuertes e pensar no que conseguiremos si nos esforzamos. Está ben pensar de vez en cando en todo o que levamos recorrido, e que si somos capaces de chegar hasta ahi, podemos ser capaces de moito máis.

 

image

Co paso das semanas, a materia foise intensificando e facendose cada vez máis profunda. Con motivo da actualización do Stellae, o traballo persoal de búsqueda na rede aumentou, descubrindo e coñececendo novos conceptos como o de aulas sen muros ou narrativa transmedia.

Situados no ecuador do cuatrimestre, experimentei unha especie de colapso debido o exceso de información que tiña e o descoñecemento para xestionala, sumado a unha "presión" por ter que publicar entradas no blog. Ao mesmo tempo, nesas búsquedas intensas comecei a atopar información de efectos da técnoloxía que, dende o meu punto de vista, non son nada positivos, incluso me fixeron situarme, en certo modo, á defensiva neste tema. Isto refléxoo, por exemplo, nas entradas:

  •  no sin mi movil: na que se mostra unha crítica ao abusivo uso dos teléfonos móviles. 
  • que vemos cando miramos: centrada na temática das imaxes e dos enganos que poden esconder algunhas ao igual que a importancia de ser críticos e non tan influenciables polo que vemos, se non tratar de mirar máis ala.