5. Chegada ao cume

5. Chegada ao cume

Última actualización de en Susana Fernandez Rodil

 

Ser capaz de superar os obtáculos e chegar ao cume da montaña é a maior satisfacción por parte de calquera. Algo tan obrigatorio como necesario que hai que facer no cume, é pararte a observar toda a paisaxe que se nos permite. É curioso reflexionar sobre como despois de tanto esforzo e de tanto andar, ves que aínda queda tanto por recorrer e explorar.

 

image

 

Superados eses colapsos, consigo desenvolverme na materia dunha forma moito máis cómoda. Podo traballar con temas que, ao comezo das clases, non creo que me vira capaz como escuela 2.0 ou conectivismo. Aínda que a verdadeira "cume"nesta materia será recibir a aprobación ou no dos profesores, penso que alcancei unha "cume" persoal moi signifacitva. 

A pesar de non estar acostumbrados a este tipo de metodoloxía, na que somos nós mesmos os que nos marcamos os límites e distribuímos o tempo de traballo, sen dúbida foi unha experiencia positiva. En máis dunha ocasión me atopei saturada e incluso perdida co traballo que esixían ambos profesores, pero despois de ver os resultados estou máis que satisfeita.

Considero que aprendín e interioricei numerosos conceptos, pero ahora máis que nunca, sei o moito que me queda por aprender con respecto á "Tecnoloxía Educativa". A partir de ahora, sei que camiñarei con ela, que estarará presente no meu día a día e nos futuros proxectos persoais ou profesionais xa que, si non traballo con ela sei que me quedarei atrás.