2.Facendo as maletas

2.Facendo as maletas

Última actualización de en Sabela Corral Álvarez

Antes de comezar un viaxe aínda que non sepamos con toda certeza o lugar, sabemos o destino. Cando planeamos un viaxe con saber se é destino de sol e praia ou de montañas e neve, sabemos que meter na maleta. Neste caso é algo máis complicado porque a pesar de estar vivindo baixo o mesmo lugar ao que queremos viaxar non nos paramos a pensar se chove ou fai sol, se porque se dan esas circunstancias, se necesitaremos crema de sol ou paraugas, se debemos abandonar o lugar e ir para outro máis seguro.

Nesta ocasión do único que teño certeza é que ala donde vaia vou atopar de todo, se quero sol viaxo ao sol, se quero neve a neve, se me perdo ofrecenme mapas, se non entendo calquer palabra ofreceme a traducción...pero os perigos? eses que están presentes aínda que viaxes ata o sitio máis paradisiaco do mundo no que tes pensión completa e che ofrecen todo e máis do que pides? como alí no mundo das tecnoloxías que marquei como destino é tanta a oferta que me da medo emprender o viaxe e non saber dosificala.

Como boa viaxeira antes de iniciar a viaxe informeime para ir ben prearada e atopei unha ferramenta para saber diferenciar entre todo o que me ofrezanca o bo do malo. Levarei xunto o paraugas e a crema de sol unha pequena chuleta na que me aparecen uns pasos que debo seguir para curarme en sustos como se do idioma se tratase. Esto chámase curación de contidos; cando non entenda nada e queira buscar o que preciso debo filtrar a información, analizala e contrastala para asegurarme de que é valida, elaborar a miña propia e pensando en algun turista que se atope na miña situación, finalmente difundila.

Para que estes pasos me sexan máis sinxelos e productivos atopei unhas ferramentas que me van servir de gran axuda por eso no meu botiquín de viaxe levo: flipboard, feedly, pocket e buufer entre moitos. Decidin levar un diario elaborado con pequenas informacións que fun atopando e que considero me valdrán de gran axuda. Sobre este tema hai unha entrada que se chama "Selección da información".

Primer paso finiquitado? levarei realmente todo o necesario na maleta?