3. Aprendendo a relacionarme

3. Aprendendo a relacionarme

Última actualización de en Sabela Corral Álvarez

Como en todo viaxe que plantexamos fora do noso entorno e do noso "mundo" algo fundamental para relacionarnos e poder desenvolvernos é o idioma. Neste viaxe que inicio informandome sobre o idioma que alí se desenvole topeime coa alfabetización dixital, unha vez alí dinme conta que con todo que levaba no botiquín ( todas as ferramentas necesarias para a curación de contidos) controlaba o idioma case a perfeción.

Isto foi fundamental cando nos momentos libres decidía ver a tele ou videos en internet. Ali descubrin un termo novo a Transmedia,  trátase de un tipo de relato onde a historia se desenvolve en varios medios e plataformas de comunicación, nas cales os consumidores participan activamente. A oportunidade que tiben de visitar algun centro educativo permitiome ver o valor fundamental que ten na aula. A pesares de descubrir a millas da moi país este termo para min xa era algo familiar xa que antes de comezar o viaxe mentras me informaba sobre a cultura deste novo destino esta palabra aparecía como monumento turistico de gran interese e moi presente. De feito, no meu diario dedicolle unha páxina baixo o nome " importancia do video".

A pesar de levar varios días indagando sobre a cultura do novo lugar que estaba experimentando, atopabame con tantos contidos que atender a todos facíaseme demasiado. Era todo para min moi novo e a par moi atractivo.