4. TICS, un estilo de vida

4. TICS, un estilo de vida

Última actualización de en Sabela Corral Álvarez

Como dixen anteriormente, antes de comezar o viaxe informeime do máis importante da cultura  do pais ó que ía viaxar e hoxe atopeime con algo moi significante do día a día aquí.. Refirome a existencia  dun conxunto de tenoloxías desenvolidas para xestionar información e enviala dun lugar a outro chamadas TICS. Estas causaron un gran impacto dentro da educación pois abarcan un abanico de solucións moi amplo coas tecnoloxías os alumnos poden almacenar información, recuperala posteriormente, enviar e recibir información dun lugar a outro ou procesar información para poder calcular resultados ou elaborar informes.

A información que apuntei sobre este aspecto no diario de viaxe aparece baixo o titulo de Escola 2.0 e sobre o que a continuación vou falar do uso do vídeo baixo o tiulo Truman Show- competencia dixital.

Esta forma de vida das TICS pareceme moi interesante e unha moi boa iniciativa pero considero fundamental a especialización dos profesores para poder sacar todo o partido e beneficio posible a este conxunto de novas tecnoloxías.De poder facelo:

  • A través das TIC as imáxes poden ser utilizadas na ensinanza para a mellora da memoria rtentiva dos estudantes.

Mediante o uso da imaxen no ámbito educativo resulta moito máis sencillo mostrar e ensinar o que pretendemos trasmitir.As imaxes teñen ese poder de facernos chorar, emocionarnos, entender e comprender. Axúdanos a aprender a vez que ensinar. Dispoñen dun poder que sabendo utilizalo, debemos aprobeitalo para reforzar os conceptos tratados e interiorizados.

  • A traves das TIC e do uso dos vídeos os profesores poden explicar facilmente as instruccións complexas e asegurar a compresión dos estudantes.

  O video representa un medio tecnoloxico que resulta unha ferramenta de aprendizaxe que funciona como soporte educativo para o alumno. Co uso do mesmo podese levar a cabo un aprendizaxe autonomo, realizar educación a distancia e sempre e cando se sepa realizar unha curación de contidos en condicions,divulgalos para aprender uns dos outros. Por medio desta ferramenta producese unha interacción que permite ao alumno e profesor visualizar contextos ou situacións inaccesibles ou deter a imaxen.