1. Introducción.

1. Introducción.

Última actualización de en Borja Lapido Tubío

Para introducirvos neste e-portafolios dicir que é a súa elaboración unha parte, a derradeira parte, da materia Tecnoloxía Educativa impartida no 2º cuadrimestre do 3º ano do Grao de Pedagoxía. Pois así mesmo, para o punto final desta materia, a elaboración deste e-portafolios ten a misión e a finalidade de recompilar toda aquela información, blogs, arquivos e demais material que fun desenvolvendo ao longo deste tempo nesta materia, tendo así un documento no que, de forma estruturada, amosar o mais relevante do meu paso pola mesma.

A elección do fío condutor non me foi sinxelo de atopar, xa que na miña cabeza andaban a voltas varias posibilidades e ningunha delas as tiña demasiado claras como para desenvolver este e-portafolios en relación ás mesmas, pero finalmente decidinme por que fora esta, a relación da materia Tecnoloxía Educativa, e o proceso como alumnos dentro dela, co proceso ou desenvolvemento da vida de un ser humano, coas súas etapas e momentos vivenciais que todos pasamos. Comezando dende o momento do nacemento, un momento no que todo é novo e nos temos que adapatar a esa nova contorna na que nos atopamos; pasando á infancia, onde damos os nosos primeiros pasos; logo á adolescencia, onde sucede a explosión da persoa e intentamos establecer a nosa personalidade; chegando finalmente a unha adultez que quero deixar latente pero sen definila poque é unha etapa ainda por vivir e na que o porvir dirá o que sucede na mesma. Por suposto en todo ciclo vital se chega ao momento da morte, pero neste caso non constará xa que non hai que ter unha "morte", por así dicilo, en canto á relación cas tecnoloxías, e en especial ca tecnoloxía educativa.

A frase que acompaña a miña portada, frase do gran escritor Paulo Coelho, na que dí: "Cada ser humano tiene, dentro de sí, algo mucho más importante que él mismo: su don" e quero sacar dela, de forma que acompañe ao meu fío condutor, que non somos individuos que estamos presentes no mundo para facer o primeiro que se nos ocorra ou o que nos ordenen, senón que cada un de nos temos que ser conscientes de ata onde podemos chegar e tratar de conseguilo. Isto relaciónoo ao meu paso por esta materia, que no curso anterior non fun capaz de ter unha constancia no meu traballo na mesma pero que querendo facelo, creo que este ano podo conseguilo.

Espero que este e-portafolios vos sexa de interese e entretido de ler.