2. Nacemento, a iniciación.

2. Nacemento, a iniciación.

Última actualización de en Borja Lapido Tubío

Como nacemento, aparición do ser humano no mundo e na súa vida en particular, na materia tamén sucede este fenómeno, momento no que nos situamos por primeira vez na aula para comezar coa materia. É un momento no que todos somo como unha especie de folla en branco en canto aos coñecementos e contidos que se van a impartir e nos temos que ir situando, explorando e coñecendo o qué facer da materia, e en especial desta plataforma que é o Stellae. Sendo o Stellae esa contorna na que nos moveremos e que xera en nós uns primeiros sentimento de incertidume e ata medo a adentrarnos nel, como sucede nos primeiros momentos de vida nos que non se ten consciencia e coñecemento do que está ao noso arredor.

 

nacemento

Fonte: http://pixabay.com/es/nacimiento-ni%C3%B1o-beb%C3%A9-reci%C3%A9n-nacido-466140/

Como primeiro paso, o ser humano chega ao mundo a raíz dun "proxecto" por parte da unión de dúas persoas, un proxecto chamado familia, nel póñense todas as capacidades dispoñibles para comezalo e poder desenvolvelo co maior éxito posible; como isto, no noso comezo da materia, todos temos os nosos "proxectos" en mente do que imos a facer nela, sendo nomeada aquí a primeira pedra deste proxecto que é carta na que expuxemos as nosas ideas principais sobre a temática da tecnoloxía, así como outros documentos nos que explicamos as nosas sinxelas ideas.

Continuando este percorrido, xa tendo un pouco determinado o que é este mundo, non nos podemos adentrar nel dunha forma esaxerada e precipitada, xa que temos que ir avanzando con delicadeza e paso a paso. As primeiras tomas de contacto deben ser en relación a outras persoas que dominen o terreo polo que nos movemos, xa que dependemos delas nestes momentos iniciais, así pois, aproveitar estes momentos de quenes saben mais ca nos é esencial, tanto no desenvolvemento da vida dun mesmo como no transcurso desta materia, sendo así un proceso importante o elaborado co documento de Burbulles & Callister, obtendo disto unha visión mais persoal e tecnolóxica destes autores de gran relevancia.

De aquí partiría o meu camiño, así como parte o porvir da vida dun ser humano ao pouco de chegar a este mundo, un camiño no que non quería cometer erros, erros transmitidos por experiencias previas ca materia, eses mesmos erros que cando somos pequenos os nosos pais ou familiares intentan ensinarnos a raíz deles para que non caiamos neles como lles sucedeu a eles.

Co paso do tempo fomos avanzando cara a infancia e deixando este primeiro momento, o nacemento, atrás.