6. Conclusións.

6. Conclusións.

Última actualización de en Borja Lapido Tubío

Tralos derradeiros tres meses nos que se desenvolvíu a materia de Tecnoloxía Educativa, entre as experiencias brindadas tanto no anterior curso, non superado, coma neste presente, dicir que a miña asimilación e tratamento da materia foi de menos a mais, mudando a miña actitude desconcertante nun primeiro momento, no que non comprendía a finalidade da materia nin as oportunidades e posibilidades que nos podería dar a nivel educativo e persoal, xa que era totalmente diferente ás demais materias cursadas durante os anteriores anos no grao, xa ben polos recursos a empregar como pola súa metodoloxía. Hoxe podo dicir que me sinto agradecido de cursar esta materia e descubrir, en parte, os segredos que esta agochaba, con especial importancia a utilización do Stellae.

Tratar o Stellae con certa importancia xa que en mín residía o descoñecemento de que nunha rede social se poidese producir calquera tipo de proceso de ensino-aprendizaxe; de forma mais xeral, dicir que na miña opinión a relación tecnoloxías-educación tiñan unha unión demasiado limitada, e que tiña unha idea tradicional e estandar de rede social, todo isto unido á miña pouca, ou nula, relación cas tecnoloxías, principalmente no ámbito educativo.

A miña situación cara a materia non mudou de contado, como xa teño comentado a miña experiencia na mesma no curso anterior, pero foi pouco a pouco e mediante as miñas intervencións como supuxo cada vez mais a miña involucración na mesma. Tamén darlle unha mais que merecida importancia e valor ao traballo realizado por todos os compañeiros e compañeiras da materia, xa que algúns fixeron que me fora sentindo gratificado cas miñas aportacións e ademais fixeron que as súas aportacións me provocaran curiosidade. Parto neste caso da reflexión como factor común a todos os integrantes da plataforma, a motivación e as inquedanzas que dela saían, nesa retroalimentación entre uns e outros, sendo todo isto o gran responsable do meu cambio de actitude á hora de afrontar as novas tecoloxías, de ver o que nos provocaba e o que nos ofrecía (aínda que un sustiño si que nos dou), intentando así poder chegar a comprender que o significado da materia era a mellora no día a día a través da práctica nestes procesos.

Agora que xa remataron as clases desta materia hai algo que teño claro, e é que a materia foi fructífera para min, xa que sen ningunha dúbida a miña competencia neste ámbito é moito maior da que podería imaxinar, podendo dicir que unha vez rematado este percorrido foi unha gran experiencia, chegando a un novo destino no que me atopo con moitas mais competencias, habilidades e actitudes das que dispoñía ao comezo do mesmo, aspectos que me acompañarán a partir de agora.