2. Primeira parada: Habilidades e coñecementos instrumentais.

Comezo esta viaxe sen saber moi ben o que me espera. Respecto ós lugares que contaba visitar, tiña unha pequena idea xeral, pero nada comparado a todo o coñecemento que me ía atopar durante o transcurso da aprendizaxe.

Nesta primeira parada, puiden visitar as habilidades e coñecementos instrumentais. Estes, por unha parte, tiñan habilidades e coñecementos operarativas  cos que xa tivera un trato anterior antes de emprender esta viaxe.Compre dicir que esta parte da visita era imprescindible para continuar a miña andaina, posto que un bo emprego das TIC é necesario para poder desenvolvernos mellor por este mundo tecnolóxico.  Aínda que xa contaba con algúns coñecementos de antemán, puiden coñecer máis deste tema e poder empregar mellor un equipamento dixital e comprender o rol e usos dos recursos na rede.  Destaco aquí a miña entrada TIC TAC TEP na que presento diferentes tipos de tecnoloxías segundo a súa finalidade.

Por outra banda, tamén visitei (dentro desta primeira parada) habilidades e coñecementos relacionadas cos medios. Ó empregar a Red Stellae para guiar o meu proceso de aprendizaxe, ademais doutros medios complementarios, estiven a acceder e usar os medios en diferentes formatos e plataformas. Ademais, ó crear diversas entradas no blog creei e almacenei contidos dixitais, compartíndoos dunha maneira aberta cos meus compañeiros e usuarios da rede.

Os Creative Commons, xunto co Copyright e Copyleft, aportáronme certas cuestións xurídicas e éticas, presentes no coñecemento que compartimos e comparten en Internet .

Por último, na aula puidemos ver que múltiples ferramentas dixitais e tradicionais, presentes na educación dende a antigüidade e a súa importancia.