3. Segunda parada: habilidades e coñecementos avanzados

Nesta segunda parada puiden visitar máis lugares relacionados cun maior nivel de habilidades e coñecementos. Compre dicir que esta segunda parada non sería posible sen a primeira , a cal me abriu un mundo de posibilidades.

Aquí, realicei multitude de visitas. A primeira consistía en comunicación e colaboración, destacando, como principal monumento, a Red Stellae. Esta, permitiume poder colaborar a través dos medios e construír un sistema persoal no cal podo relacionarme cos meus compañeiros de clase e participar mutuamente nos aprendizaxes adquiridos.

A segundo visita tratouse da xestión da información. No primeiro traballo obrigatorio da materia de Burbules e Callister adentrámonos,por primeira vez, na importancia dos enlaces e como delimitan o noso proceso de busca de información, centrándonos só nunha parte. Ademais, tamén dictou a importancia de analizar o contido da información e as fontes, corroborando a súa credibilidade.  Por iso, é importante crear estratexias polas cales poidamos determinar a veracidade da información que estamos a recibir.

Un elemento que axuda dentro disto son os Entornos Persoais de Aprendizaxe (PLE), como destaco nunha das miñas entradas. Desta forma, axudan a autorregular unha gran parte da información que recibimos e, así, poder estruturala.

Outro elemento que nos axuda a xestionar a información dentro da busca de información son os buscadores booleanos, comodíns, multibuscadores, ...

A terceira visita consistía en aprendizaxe e resolución de problemas, encontrando opcións relevantes para o aprendizaxe persoal e profesional, centrando actividades de cara a obxectivos e creando un sistema de recursos rede para o aprendizaxe e resolución de problemas.

Aquí, puidemos ver como o sistema educativo integraba nas súas aulas O Proxecto Abalar, axudando así o aprendizaxe dos alumnos e tratando de complementar diversos obxectivos.

Por último, dentro desta segunda parada, atopámonos coa participación significativa, elemento clave de toda esta viaxe. Dentro dela puidemos ver determinados elementos. Un deles sería crear, manter e xestionar identidades dixitais en diferentes contextos. Como digo nunha das miñas entradas, “é necesario saber xestionar a nosa identidade dixital, sendo conscientes das nosas accións a largo prazo e as súas consecuencias”.

Outros elementos serían integrar as ferramentas dixitais no traballo, ocio e actividades, como sería o caso do Crowdsourcing (nova forma de relación laboral) ou, no noso caso, o Campus Virtual.  Outro exemplo disto tamén sería a Wikipedia, a cal posibilita o traballo cooperativo.