4. Terceira parada: actitudes para a aplicación de habilidades e coñecementos

Nesta última parada, puiden realizar diversas visitas en relación a actitudes para a apliación das habilidades e coñecementos (adquiridos nas dúas paradas anteriorores).

Unha actitude intercultural é importante para integrar o intercambio e a colaboración nas nosas vidas. De novo, en relación con isto, podemos facer referencia ó coñecemento aberto ou pechado e a multitude de información que temos en Internet.  Se temos unha actitude positiva á hora de compartir información, posibilitará moito máis o enriquecemento da sociedade e as nosas posibilidades.

A segunda visita consistía nunha actitude crítica, a cal podemos ver, de novo, no traballo de Burbules e Callister, sendo importante promover esta capacidade como práctica social, facendo uso dela non solo nas novas tecnoloxías, senón en todo proceso de aprendizaxe.

De seguido, visitamos a actitude creativa, creando contidos, comunicacións e expresións e innovando coas TICs. Todo este proceso fíxose patente, por exemplo, coa creación dunha historia a partir dun tema determinado, un guión e posteriormente un vídeo; botando man dos recursos tecnolóxicos. Outros casos tamén sería o traballo na Wikipedia, creando un contido determinado, e todos os blogs elaborados no proceso.

A cuarta visita consistía na autonomía, empregando as TICs no noso beneficio persoal e da comunidade e tratando de lograr os obxectivos. Aínda que esta visita adquiriu máis forza nesta parada, estivo presente durante toda a viaxe. Toda a aprendizaxe adquirida ata o momento contou con certa autonomía. Esta, aínda que partía dunhas pautas dadas, realizábase por medio dun proceso de aprendizaxe no que a propia persoa buscaba a ampliación do coñecemento.

Desta forma, chegamos a última visita, a resposabilidade. E necesario ter unha actitude segura e sensata nas nosas actividades dixitais (como podo expresar nas entradas Alfabetización mediática e Educación mediática) e unha actitude responsable e ética (como explicamos no vídeo elaborado na aula:" ¿Cuál es el límite?")