5. Fin da viaxe

5. Fin da viaxe

Última actualización de en Beatriz Souto Rial

Aínda que esta viaxe dun cuadrimestre pola Competencia Dixital se acabe, quedan moitos viaxes por emprender.  Persoalmente, considero que o aprendizaxe adquirido neste período me resultará moi valioso na miña vida profesional posto que as novas tecnoloxías están presentes na meirande parte dos nosos futuros contextos de traballo, tanto dunha maneira directa (por exemplo co e-learning) como cos seus efectos na sociedade actual.

Por iso, todo o coñecemento adquirido é pouco e debémonos seguir formando durante toda a nosa vida, xa que a sociedade cambia constantemente, modifícase.

O motivo polo cal elixir como fío condutor a Competencia Dixital é porque, realmente, estivo presente durante todo o meu proceso de aprendizaxe. Aínda que se a coñecía de antemán, puiden afondar en maior medida nas súas características, abríndome unha gran porta dentro da Tecnoloxía Educativa. Grazas a ela, considero que o meu aprendizaxe resultou significativo e adquiriu unha especial relevancia tanto na miña vida académica como persoal.

Queda moito por aprender, pero foi un pracer vivir esta viaxe.