1. INTRODUCIÓN

A aventura comeza, e son moitas as perspectivas que temos. O camiño será longo pero sen dúbida, un proceso de formación favorecedor para o noso desenvolvemento persoal e profesional. Para iso contaremos coa axuda da rede social STELLAE, que será a nosa ferramenta de recollida de información como tamén a contribuirá á consolidación dos conceptos claves que vaiamos coñecendo. Como singularidade das redes sociais, favorecerá o intercambio de experiencias en este camiño de novas aprendizaxes.

As portas iranse abrindo, e cada unha de elas aportaranos novos coñecementos sobre a tecnoloxía e a súa aplicación na educación. Pero o importante de esta evolución será abrir as portas e non cerralas, xa que ademais de coñecementos apórtannos novas miradas e oportunidades e avanzar.

Comentarios

  • Olalla Muñiz Rey

    Aquí presento o meu E-portafolios onde como fío condutor, a miña elección foron as portas que se abren debido ao coñecemento que se crea.

     A orde das portas serán as seguintes: primeira porta que da acceso á tecnoloxía educativa; a segunda porta permite o paso cara as posibilidades da tecnoloxía; a terceira corresponde coa actitude crítica, e en último lugar a porta que nos da acceso ao realizado durante este período de tempo.