2. ABRIMOS A PRIMEIRA PORTA Á TECNOLOXÍA EDUCATIVA

COMEZA A AVENTURA, os nervios están no ambiente, as ganas de comezar esta nova andadura pode reflexarse nos nosos rostros e as ganas de coñecer o que nos depara aumentan a cada segundo.

Despois dun tempo seguindo o camiño, atopámonos ca primeira porta. Se tiveramos que describila diríamos que é a máis grande de todas as portas que nunca viramos. Esta será a porta que nos deixará paso á TECNOLOXÍA EDUCATIVA.

Decidimos abrila!, entón viñéronnos ás cabeza todo aquilo que a tecnoloxía nos produce: sentimentos encontrados, impotencia en algunhas ocasións, dependencia… entre outros moitos sentimentos. Por iso unha carta  dirixida á Tecnoloxía, sería a mellor forma de recoller a relación que mantemos con ela, e expresar todo o que nos fai sentir cada día.

Pero antes de rematar con esta porta, e seguir coa aventura, debíamos de coñecer máis sobre ela. ¿Sabiades da aplicación da Tecnoloxía nas aulas?; pois despois do aprendido, a tecnoloxía foi unha ferramenta que dende o comezo das primeiras escolas en elas estaba presente. Por exemplo: un encerado é tecnoloxía; pero co paso do tempo esta foi evolucionando, ata o que entendemos hoxe como TIC (tecnoloxías da información e da comunicación). Por tanto a tecnoloxía, dende os seus inicios foi unha ferramenta que serve entre outras cousas para favorecer o proceso de ensino aprendizaxe.