4. PORTA DA ACTITUDE CRÍTICA

Unha vez chegados a esta terceira porta, en este longo camiño, cabe destacar o papel do pedagogo, que será o encargado de xestionar os diferentes escenarios tecnolóxicos para favorecer a formación. O seu rol estará encamiñado a ser a persoa encargada de asesorar e planificar o proceso educativo

Pero ante isto debemos de ser conscientes, que o uso das tecnoloxías poden producir en nós vantaxes e inconvenientes. É por iso que na rede social a maioría coincidimos que podemos chegar incluso a evadirnos da realidade por momentos perdendo incluso calquera tipo interacción directa cas persoas que nos rodean.

Abrindo esta porta chegamos á conclusión, que adoptar unha actitude crítica, resulta favorecedor para poder ver a realidade máis alá do que vemos a simple vista; destacando a importancia de compartilo cos demais.