0. Introdución

0. Introdución

Última actualización de en Noelia Fernandez Alvarez

O meu e - portafolios leva por nome "Unha relación de amizade". Cando coñecemos a unha persoa mostramos variedade de actitudes e sentimentos: agobio, medo, inseguridade, seguridade, alegría, tristeza, conformidade, confianza, desconfianza, sabedoría, e moitas máis que podería nomear e nunca xamáis remataría.

Para min, no meu proceso e polo tanto no meu e - portafolios, esa persoa será a Tecnoloxía. Din que as "apariencias enganan" e moitas veces xuzgamos de xeito superficial e escoitando o que nos din sen coñecer a verdadeira realidade a persoas que coñecemos pouco ou que nin tan sequera as coñecemos.

Na miña vida cotiá as relacións de amizade (nas que non só inclúo amigos ou amigas, senón que tamén familia, grupos, parella...) son moi relevantes e penso que son as que nos manteñen día a día vitais e moitas veces con ganas de seguir adiante. Debido a que outorgo, seguramente coma vós, moita importancia ás relacións de amizade, decidín tomar isto como fío condutor para dar conta do meu proceso coa Tecnoloxía Educativa a través do e - portafolios. En toda relación de amizade hai altos e baixos, e sen dúbida, no meu proceso existiron ambos os dous; ademais penso que é importante coñecer as virtudes e os defectos, en xeral, todas as peculiaridades dunha persoa cando mantés relación con ela, neste caso a Tecnoloxía.

Para dar conta do meu proceso, tomei en consideración as seguintes fases, indicando en maiúsculas as características do fío condutor e en minúsculas a relación deste co proceso de aprendizaxe na materia:

  • PRIMEIRAS IMPRESIÓNS: O inicio da materia Tecnoloxía Educativa.
  • ADENTRÁNDONOS NO DESCOÑECIDO: As nosas clases, tanto expositivas como interactivas.
  • CITAS EN PRIMEIRA PERSOA: O Stellae, un antes e un despois no proceso. O despois será a clave neste proceso, onde indico os conceptos que resultaron fundamentais para min.
  • CONSOLÍDASE ASÍ UNHA AMIZADE: Conclusións.

Espero expresarme de xeito adecuado para poder transmitirvos como foi en realidade o meu proceso! Mans á obra.