2. Adentrándonos no descoñecido

2. Adentrándonos no descoñecido

Última actualización de en Noelia Fernandez Alvarez

Cando se toma un primeiro contacto cunha persoa, comézase a coñecer pouco a pouco e cada vez de mellor xeito... Así mesmo me aconteceu a min coa Tecnoloxía, tras tomar un primeiro contacto con ela, fun aprendendo novas características da súa personalidade e á súa vez tamén interactuando coa mesma, ensinándome así variedade de conceptos novos. Foronse constituíndo así as Clases Expositivas e as Clases Interactivas da materia de Tecnoloxía Educativa.

Por unha banda, a Tecnoloxía deixou que coñecésemos diversas características da súa personalidade (Clases Expositivas): adxectivos que nos indican a súa antiga existencia, coñecemento aberto e pechado, a infoxticación, a competencia dixital, a brecha dixital, as alfabetizacións múltiples, o reto educativo de educar a mirada, a narrativa transmedia, o e - learning, o conectivismo, a importancia da educación e da existencia da Tecnoloxía na guerra, entre outras.

 

Ao mesmo tempo, o noso intento de interactuar coa Tecnoloxía era cada vez maior (Clases Interactivas). A través do Stellae gozamos das oportunidades que nos ofrece a Tecnoloxía mantendo relacións continuas coa mesma e con outras persoas. Ademais, a través da mesma propíciase a búsqueda de información de xeito autónomo, relacionando conceptos e indagando na procura doutros novos, en definitiva, adquirindo así un xeito de aprendizaxe distinto a través dunha Rede Social. Pero Tecnoloxía non só nos permitiu este xeito de interactuar con ela, senón que tamén coñecemos variedade de oportunidades que ela nos ofrece na Rede.

  • Novas ferramentas de búsqueda, a Lóxica Booleana.
  • Novos buscadores: xerárquicos, en toolbar, multibuscadores, metabuscadores, de noticias, de archivos, buscadores de buscadores...
  • Marcadores sociais, os RSS, os lectores feeds ou agregadores...
  • O PLE (Entorno Persoal de Aprendizaxe).
  • A curación de contidos (búsqueda de información, filtración e selección, compartir a información).
  • As Infografías.
  • A edición na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Rede_social
  • A creación de vídeos: Storyboard.

 

En xeral, cos coñecementos que fomos adquirindo acerca da Tecnoloxía, e por outra banda grazas á interacción que mantivemos con ela, fóronse proporcionando novas pegadas nesta relación coa persoa en cuestión. Isto é claramente apreciable no Stellae, cando se intentan reflexar mediante entradas numerosas cuestións abranguendo diversidade de conceptos. 

Pero non me quero adiantar á seguinte fase, así que... alá vou!