Xeila

"Las cosas importantes de la vida no pueden verse ni tocarse, deben sentirse con el corazón"

1. A ESCURIDADE

1. A ESCURIDADE.

Nos inicios desta mateira, eu propúxenme uns obxectivos de cara á mesma porque era consciente de que non estaba debidamente vinculada a este campo. Así, pensei que durante o meu proceso chegaría a ver unha gran diversidade de oportunidades e avances que nos ofrecen as tecnoloxías educativas.

Sen embargo, debo dicir que me quedei atrás. Non souben aproveitar todos os elementos cos que se iban traballando e no momento de demostrar todas as portas que na miña mente se abriran, era demasiado tarde. As entradas como a de Un abrir de ollos de cara ás tecnoloxías, a de infoxticación, ou a de educar a mirada...foron moi pobres, e eu persoalmente ao lelas vexo un antes e un despois con respecto a estas últimas entradas creadas.

No remate quixen dar a ver todo o que aprendera, pero ao non esforzarme durante o curso, non chegou para demostralo.

Así, tamén debo aclarar que para min, a clase impartida por Nusa sobre Siria, a súa situación actual e o feito de ver como as novas tecnoloxías poden axudar moito, fora o meu primeiro punto de inflexión. Porén, a día de hoxe recoñezo que aínda sen saber se agora o traballo valerá ou non, o feito de non superar a materia en maio fíxome recapacitar. Dalgunha maneira fíxome esforzarme na procura da información, tentei organizala da mellor maneira posible e agora, que as tiña todas elaboralas compartinas na rede Stellae.

Creo que a oscuridade para min foi todo o curso, porque non traballei o suficiente, e que en xuño, ao comezar a traballar de novo, vin os raios de luz.

Fonte: (http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/97/Noche_de_luna_llena_-_Full_moon_night.jpg)