3. Citas en primeira persoa

3. Citas en primeira persoa

Última actualización de en Noelia Fernandez Alvarez

Fonte: http://stellae.usc.es/red/

 

Stellae foi unha peza fundamental para esta relación de amizade coa Tecnoloxía. Ben é certo que nunha primeira impresión todo se volvía novedoso e á súa vez inquedante para min xa que tal metodoloxía nunca fora utilizada; pero pouco a pouco comezámonos a habituar mesmo facendo uso da mesma como rede social e tamén como un medio de difusión de opinións.

ANTES...

Chegados a este punto, é dicir, retomar a Tecnoloxía Educativa mediante unha recuperación e tendo en conta o acontecido anteriormente, houbo algún que outro alto, pero sobre todo baixos no meu proceso. Aínda que nun primeiro momento fixen uso do Stellae de xeito continuo e periódico, chegou un punto no que a continuidade se perdeu, existindo dúbidas, confrontacións, uso reducido..., provocando así un estancamento. Exactamente a partir da primeira avaliación, obtendo así nunha segunda avaliación resultados que ninguén espera a pesar de que coñece a realidade.

A pesar de que o feito durante o curso a través do Stellae non resultou ser en balde, penso que o verdadeiramente significativo para a miña aprendizaxe sobre a Tecnoloxía Educativa, se produciu despois dun tal 3 de xuño, durante a RECUPERACIÓN, ese DESPOIS sobre o que todos estades pensando e no cal me centrarei a continuación. De todos modos, a continuación indico as entradas que elaborei neste antes:

  1. Tecnoloxía como fenómeno do século XXI?
  2. Educación na nube
  3. "La isla de los 5 faros": Reflexionando sobre o Coñecemento aberto ou pechado
  4. O dropshipping
  5. Educar a mirada, é un reto para a educación?

Agora decátome de que, a pesar de que son temas que a min me resultaron interesantes e á súa vez importantes, no seu momento non profundicei neles nin indaguei suficiente información para así coñecer novos aspectos de tales conceptos e polo tanto non logrei así unha aprendizaxe autónoma. Ademais de non haber unha continuidade na totalidade destas entradas, estas carecen de referencias, aportación de experiencias, opinións, novos conceptos, información valiosa, entre outros.

 

...e DESPOIS.

Neste intre quero facer referencia aos conceptos da materia que para min resultaron fundamentais. Para iso a continuación preséntovos as miñas entradas, e polo tanto os rasgos máis importantes para min da Tecnoloxía Educativa. Antes de facelo, tamén quero que saibades como me sentía eu antes de elaborar estas entradas mediante a REFLEXIÓN que fixen.