2. Comezando a andaina

2. Comezando a andaina

Última actualización de en Judith Viqueira Díaz

Comecei esta andaina o luns 2 de Marzo do 2015, sentíame coma unha nena de primaria, ilusionada e con moitas ganas de aprender, xa que a materia se presentaba moi interesante. 

O primeiro día falaronnos da Rede Social Grupo Stellae, nunca oíra que existía dita rede, era a primeira vez que escoitaba ese nome, era a primeira vez que ía utilizar este sistema de traballo completamente novo para min. Ante esta noticia sentiame perdida, non sabía se sería capaz de lograr o que se me propoñía, xa que eu e as novas tecnoloxías non nos levabamos moi ben. Sentíame perdida pero coa ilusión de acadar un bo resultado.

As instruccións eran claras pero sentíame asustada ante un novo método de ensinanza e un novo método avaliativo, e utilizando unha nova ferramenta totalmente descoñecida para min.