5. Chegando á meta

5. Chegando á meta

Última actualización de en Judith Viqueira Díaz

Xa non quedaba nada, xa se vía ao fondo a liña de meta, cheguei con moita ilusión e máis satisfeita ca da primeira vez, penso que logrei os obxectivos marcados e esta vez si que fun capaz de seguir a ruta marcada.

Ao marxe de se superarei esta proba con éxito ou non, logrei aprender moitos termos e conceptos relacionados coa tecnoloxía, termos que descoñecía por completo e penso que pasei a ser un pouco máis competente neste senso, facendo que non me sinta tan incompetente como naquela primeira carta a tecnoloxía.

Non son unha experta e aínda queda moito camiño por andar, moitas outras rutas que percorrer para seguir aprendendo moito máis, aínda así considero que esta ruta a finalicei de maneira satisfactoria e moi orgullosa do traballo feito.