1. Introducción

1. Introducción

Última actualización de en Judith Viqueira Díaz

Como última tarefa da materia de Tecnoloxía Educativa no 3º curso da carreira de Pedagoxía plantexousenos a tarefa de buscar un fío condutor entre o que se foi impartindo nas clases e o que nós fomos facendo na nosa Rede Social Grupo de Investigación Stellae.

Ao principio non tiña moi claro cal sería o meu fío condutor, non tiña moi claro como estruturar todo o coñecemento que recibimos xa que para min todo isto era un caos, un caos que necesitaba unha orde que se me plantexaba difícil. 

Decidín escoller a metáfora da ruta e olvidar a metáfora escollida da primeira vez xa que esa metáfora non se adaptaba ao que quería expresar e como o quería expresar, polo que está nova metáfora é máis axeitada e apropiada para expresar as ideas que teño na mente e o meu proceso de aprendizaxe.