1. INTRODUCIÓN

1. INTRODUCIÓN

Última actualización de en Raquel Vázquez

Con este  e-portafolio quero expoñer o que foi o camiño da miña aprendizaxe coa tecnoloxía e emprego a frase de “subindo os escalóns cara a tecnoloxía”. Foi un camiño de tres meses que seguramente se quedou curto e no cal aprendemos unha parte do moito que as tecnoloxías nos poden aportar. No meu caso fun subindo os escalóns pouco a pouco e fun medrando enormemente en coñecementos, xa que a miña  relación coas tecnoloxías era bastante básica, pero nese ascendo houbo momentos que sentín que baixaba o primeiro escalón e me sentía perdida pero esforceime por ascender. Nesta escaleira que me levaba cara o coñecemento profundo da tecnoloxía aprendín  novos conceptos e adquirín coñecemento, estes empezaron a chegar a min dun xeito desbordante e foron aumentando e mellorando a miña aprendizaxe.