Xeila

"Las cosas importantes de la vida no pueden verse ni tocarse, deben sentirse con el corazón"

2. OS NOVOS RAIOS DE LUZ

2. OS NOVOS RAIOS DE LUZ

                                       

Nesta reformulación do e-portafolios, non quero mudar o título, posto que para min segue a reflexar o meu proceso, pero xa dende un punto de vista diferente.

Os primeiros raios de luz agora non son xa soamente a clase sobre Siria, se non como ben indiquei na anterior páxina, foi o propio feito de non superar a materia.

Por que? pois porque iso fíxome reaccionar, fíxome ver que para realizar algo dun xeito eficaz débese pensar, débese organizar e débese seguir unha orde. Aí creo que tamén fallei, posto que non realizara unhas entradas nada completas.

Así, a partir diso, comecei a procurar información sobre as TIC para pensar como enfocar o meu novo proceso de aperndizaxe, e foi aí onde descubrín a Pepper. Para min esa información resultou moi interesante porque lle vexo moitas aplicacións á existencia de dito robot. Aí decateime de que como me resultaba interesante, érame doado procurar información, lela e seleccionala para ir organizándoa. Así, conciencieme de que a partir diso debería seguir buscando máis información sobre diversos elementos para que realmente puidese demostrar que aprendín.

Fonte da imaxe: Google