2. PRIMEIRO ESCALÓN: INICIANDO

2. PRIMEIRO ESCALÓN: INICIANDO

Última actualización de en Raquel Vázquez

 Ala polo 27 de febreiro tivemos que volver as clases despois dun mes de prácticas, novamente voltamos a rutina, pero que nos traeria este novo cuatrimestre e as materias a cursar? Dubidas, medo, ansias... sentimentos encontrados. E por fin o primeiro día de clase de Tecnoloxía Educativa, e non podiamos imaxinar todo o novo que aprenderíamos, porque xa nos considerabamos "expertos" do tema, pero en que gran error nos atopabamos.

O primeiro que fixemos ó empezar con esta materia foi unha chuvia de ideas acerca do que entendiamos por tecnoloxía educativa, e para a miña sorpresa foron moitas as palabras que acabaron escritas no encerado. Pero co paso do tempo e xa finalizando a materia esas palabras aumentaron e todos fomos capaces de dicir algo, e seguramente poderíamos dicir moitas cousas máis se seguísemos aprendendo.

O instrumento que se nos puxo o noso alcance para seguir subindo cara o noso aprendizaxe é o Stellae. Nos primeiros momentos sentinme perdida, non sabía nin como empezar a subir esas escaleiras que ían  cara o meu crecemento coa tecnoloxía, había moitas cousas que non coñecía, sentíame perdida e con medo a non saber facelo ben. Pero pouco a pouco funme abrindo paso no mundo do Stellae, o principio de xeito privado, como fixen coa miña carta a tecnoloxía,por medo as críticas e a que os demais pensaran que as miñas entradas non eran o suficientemente boas pero co tempo funme abrindo a rede e colgueino todo público o que me axudou a sentirme máis segura e seguir medrando e aportando cousas a rede.