3. INFECTADA

3. INFECTADA

Última actualización de en Raquel Vázquez

No meu ascenso atopeime cun problema: a sobrecarga de información na rede, vinme infectada por inmensidade de información. Cando por fin pensei que tiña un pé nese segundo escalón a sobrecarga da información fíxome retroceder, cheguei a verme perdida sen saber que camiño coller nese labirinto de información que me rodeaba. Pero por sorte empecei a coñecer termos tales como hiperlectura, curación de contidos, etc e empecei a intentar ser unha usuaria crítica. Dinme de conta que non todo o que atopamos na rede é real ou valido como sempre pensei. Debemos  ler a información dun xeito selectivo, sen dala toda por verdadeira e tamén comparando diferentes fontes. Atopábame entón nunha escaleira lebirintica na que non vía o final pero na que tiña que seguir subindo para chegar o máis cerca da cima posible.

Foi entón cando comecei a desinfoxicarme de tanta sobrecarga de información, empecei a seleccionar información que me parecía que tiña relación coa materia e que me parecía interesante. No meu Stellae predominan os vídeos xa que dende sempre me parecen a mellor forma de entender as cousas, xa que se unha imaxe vale máis que mil palabras un vídeo o dobre. Tamén empecei a comentar nos blogs dos meus compañeiros que tamén me parecían moi interesantes.