4. BÚSCANDO... O NÚCLEO CENTRAL¿?

4. BÚSCANDO... O NÚCLEO CENTRAL¿?

Última actualización de en Raquel Vázquez

Cando comecei este e-portafolio non tiña moi claro cal era o meu núcleo central ou fío conductor  e agora considero que o núcleo fundamental do mesmo é a mesma tecnoloxía. Empecei o meu camiño por esas escaleiras coa carta a tecnoloxía e seguín indagando acerca da mesma. Sorprendinme co primeiro vídeo que atopei 2111-educación e tecnoloxía e empecei a plantexarme como nos ia cambiar a tecnoloxía co paso do tempo. E aí empecei a buscar información de como nos modifica a información, de como nos pode illar do mundo e como sen darnos conta podemos ser tecnoadictos. Pero tamén indaguei sobre novos termos, descubrín palabras como gamificación, transmedia,storyteling... así que o fío que me guiou por estas escaleiras que as veces se bifurcan foi a tecnoloxía e o mundo que a rodea. Foron moitos os termos que aprendín, moitas as páxinas que coñecín. Víame cada día máis arriba nesta escalereira que está chegando a cima.