Xeila

"Las cosas importantes de la vida no pueden verse ni tocarse, deben sentirse con el corazón"

3. O APARECER DO SOL

3. O APARECER DO SOL

                             

Durante a traxectoria desta materia, a miña mente foise abrindo cada vez máis e máis cara novas ideas, novas perspectivas de cara á tecnoloxía educativa.

Así por exemplo, decateime do errada que estaba coa miña concepción do emprego das TIC. Isto é, dende hai anos estase a implantar nos centros educativos o emprego das novas tecnoloxías como ferramentas de pescuda de información ou de elaboración de traballos. Porén, a miña afinidade coas mesmas nunca foi máis alá do explicado nas diferentes materias tratadas ata agora. Explico isto posto que autonomamente nunca tomara a iniciativa de pescudar máis variedade de páxinas nas que procurar información, nin tampouco me decatara grande oferta que se nos da na rede.

Así pois foi nesta materia na que comecei a ver que a aprendizaxe a través das tecnoloxías educativas pode ser moi produtiva e significativa.

Por outra banda é preciso que de conta de que é posible de que eu non valorase o suficiente as tecnoloxías educativas porque sempre as tiven ao meu alcance e na nosa sociedade están inmersas coma un elemento máis de vida.

Porén aquí ten cabida nomear a clase na que unha moza procedente de Siria tivo a amabilidade de contarnos o moito que están a axudar as tecnoloxías alí, país en guerra.

Mostrou imaxes de escolas antes e despois de que comezara a guerra. Deixounos ver os grandes avances feitos en materia tecnolóxica naquel territorio e ao mesmo tempo a que quedou reducido ao comezo da guerra.

Asemade, o feito de contar algunha historia persoal nas que a tecnoloxía supuxo un grande apoio e un medio de saír adiante foi o derradeiro elemento que fixo clic na miña mente.

Agora, debo complementar isto con algo máis, porque sinto que xa podo engadir máis ideas e conceptos. Ben é certo que arriba fago referencia á clase de Siria, así como á "pouco importancia" que eu lle outorgaba as Tecnoloxías da Información e Comunicación. 

Así, na elaboración das novas entradas, tamén fixen mención a Siria porque segue a ser un punto que marcou a miña aprendizaxe, pero nesta ocasión relacioneino con máis conceptos. Introducino con relación á brecha dixital, xa que conforme me fun introducindo máis nas diferentes temáticas, vin que relacionar a situación de Siria (en canto ás TIC) co concepto de brecha dixital era unha boa maneira de mostrar como se poden ir relacionando diversos elementos con situacións reais.

Así, unha vez máis fun ampliando máis a miña pescuda de información, e puiden ver os conceptos máis claramente.