Xeila

"Las cosas importantes de la vida no pueden verse ni tocarse, deben sentirse con el corazón"

4. O SOL NO SEU MÁXIMO ESPLENDOR

4. O SOL NO SEU MÁXIMO ESPLENDOR

Xa nas derradeiras sesións de clase sentíame dun xeito totalmente diferente ao comezo. Cheguei a aprender que no meu futuro profesional serei eu quen ensine aos rapaces a evitar os usos nocivos das tecnoloxías, e tamén eses medos cos que comecei eu este camiño. 

Asemade, rematei sabendo cal poderá ser o meu lugar, en que aspectos poderei traballar relacionados con esta materia, e mesmo estou segura de que quedan aínda moitas novas posibilidades que están por descubrir.

Saber que serei eu quen poida traballar coas tecnoloxías educativas para transmitir coñecemento é algo que me resultou gratificante e ao mesmo tempo despertou máis interese en min.

Despertou interese por saber como poder empregar diferentes programas educativos e actividades, como traballar as diferentes competencias mediáticas segundo as idades ou os medios, etc.

Sentín que a miña mente mudara, que se despexara. Xa podía falar das miles de posibilidades que nos ofrecen as tecnoloxías deixando so un pequeno espazo para recordar os perigos cos que contan.

Porén, o último tramo desta viaxe, deste "despertar", foi máis significativo. Durante este tempo indaguei máis en conceptos que me resultaron claves coma o e-learning, e tamén a narrativa transmedia

Ambos me resultan claves nesta materia, pois o futuro do proceso de ensino-aprendizaxe está moi ligado a ambos.

A través do primeiro pódese implementar un tipo de formación que ata a aparición das TIC era impensable. Ademais, a narrativa transmedia tamén axuda a dito proceso, xa que ofrece un xeito diferente e interactivo de enfocar a educación.

Logo de traballar eses aspectos decateime de que día a día estanse a descubrir novos elementos que fan que o sistema esté mudando continuamente e, para o meu futuro como pedagoga é moi importante ter constancia de todas estas oportunidades e cambios que están surxindo nesta sociedade  da información globalizada. 

Aprendín que a rede nos ofrece unha intelixencia colectiva, invítanos a participar na aprendizaxe e dende o meu punto de vista iso é algo que favorece a nosa formación.

A través dela podemos compartir información, curala, facela nosa e volver a compartila para que sexan outros quen a poidan consultar. Realmente sinto que neste derradeiro impulso aprendín moitos máis aspectos desta materia, e que a partir de agora deberei seguir formándome para ser consciente das posibilidades coas que poderei traballar e que aspectos deberei mellorar.

Puiden analizar dun xeito crítico o meu proceso, un aspecto máis aprendido nesta mateira. Fun quen de facer un barrido polo menu proceso, decatarme dos meus erros, admitilos e creo que rectificalos.

Penso que o feito de ter que seguir traballando nesta materia me dou a oportunidade de decatarme do meu traballo, do esforzo feito nun comezo e nun final e ver as diferenzas entre ambos.

Espero agora si, que se poida ver que tratei de alcanzar as metas propostas.

 

Fonte: (http://3.bp.blogspot.com/_3mokU0PYp5g/S2N4A3kS1jI/AAAAAAAACDo/1TEmgM6mLHY/s640/contra_sol.jpg)