7. CONCLUSIÓNS

7. CONCLUSIÓNS

Última actualización de en Raquel Vázquez

Esta materia supuxo para min o ascenso cara a aprendizaxe, moitos novos conceptos se plasmaron en min e suscitaron o meu interese de cara a seguir aprendendo. Como todo na vida ten ventaxes e desventaxes pero na súa xusta medida as tecnloxías poden mellorar a nosa vida. A tecnoloxía e moito máis do que eu pensaba, é unha ferrementa para mellorar o mundo educativo. E tamén me axudou a aprender, coma xa dixen, que compartindo os nosos coñecementos podemos crear un aprendizaxe mellor e maior.

Na miña opinión deberíase educar ós nenos dende pequenos no mundo tecnolóxico para evitar que busquen mal na rede, que non corran riscos como usuarios nas redes sociais, etc. É necesaria unha educación durante toda a vida para estar ó día dos cambios tecnolóxicos e poder empregar a tecnoloxía no noso beneficio.

"A tecnoloxía move o mundo" Steve Jobs