4. Consolídase así unha amizade

4. Consolídase así unha amizade

Última actualización de en Noelia Fernandez Alvarez

A miña relación de amizade coa Tecnoloxía Educativa resúmese en:

  • As primeiras impresións que recibín da materia así como a metodoloxía de traballo a partir do uso dunha rede social (o Stellae).
  • O feito de ir adentrándonos cada vez máis na materia a través das Clases Expositivas e Clases Interactivas.
  • O acontecido con esa nova metodoloxía de traballo a través do traballo: un antes, é dicir, todo o feito durante o cuatrimestre, e un despois, o elaborado mediante a recuperación.

 

A través das clases aprendín variedade de conceptos novos e xeitos de traballar coas TIC; pero en realidade, podo dicirvos que a aprendizaxe autónoma a través da búsqueda de información, contrastes de artigos, variedade de opinións, conceptos, definicións, etc. penso que a conseguin con esta segunda oportunidade que me brindou a recuperación. Na primeira reflexión que fixen antes de retomar a actividade no Stellae indicaba que estaba arrepentida, si que o estaba por habelo feito mal, porén ben é certo que estar aquí de novo me fixo ver a materia dende outra perspectiva. Os temas que tratei resultáronme moi atraíntes pero ademais, moi relevantes de cara a época na que vivimos e sabendo que o día de mañá, coma quen di dentro de apenas un ano, váisenos presentar diante o mundo laboral e temos que saber enfrontarnos á época na que vivimos, sempre e cando queiramos ser bos profesionais.

Como ben indico na miña valoración final, tamén aprendín a que non debemos acostumarnos a conformarnos co que nos ensinan, senón que chegar á nosa casa e procurar máis información sobre os temas. Moitas veces nos queixamos por como nos ensinan, pero non se nos ocorre, polo menos a min, facer valoración diso e indagar sobre o tema, non somos autónomos neste nivel e penso que o temos que cambiar, e este foi un primeiro paso.

Ademais, aínda que agora pense que xa sei moito da Tecnoloxía Educativa, reflexiono e digo que non, xa que isto é un primeiro paso. É dicir, non estamos a falar dunha despedida, senón que dunha porta aberta de cara a nosa aprendizaxe sobre a Tecnoloxía Educativa. Ademais de ser unha peza fundamental na nosa formación pedagóxica, debemos ter en conta que isto terá unha forte repercursión na nosa labor como pedagogos cando exerzamos como tal; na era dixital na que vivimos debemos formar ás persoas de diversas idades de cara a este contexto. Debemos dotar de importancia o coñecemento aberto e informar sobre o fenómeno da infoxicación, tomar en consideración as alfabetizacións múltiples e levalas á práctica, ter en conta novos xeitos de educar como a Narrativa Transmedia ou novas teorías da aprendizaxe como o Conectivismo, combater fenómenos como a brecha dixital, etc.; pero debemos facelo.

 

Para rematar, estou recordando os obxectivos plantexados ao principio do cuatrimestre en base ao que nós esperábamos aprender. Aínda que non adquirín todo na súa totalidade xa que isto foi un primeiro paso, si que son importantes para reflexar neste intre, e tamén de cara a tomalos en consideración ao longo da nosa formación e como futuras profesionais. Penso que tales obxectivos son importantes para tomalos en consideración ao longo da nosa vida como alumnos, profesionais e simplemente cidadáns.

Somos amigas, e a nosa relación de amizade comezou no contexto da formación pedagóxica. Isto indica un comezo relevante na andadura dunha profesional da Pedagoxía, e como tal debemos darlle un xiro á Tecnoloxía, dándolle a oportunidade a esta coa nosa formación e contribucións a ensinar todos aqueles aspectos que nela se agochan, tanto positivos como negativos, tanto virtudes como defectos.

Como tales amigas a nosa relación debe manterse sempre unida de cara a unha labor pedagóxica levada a cabo de xeito correcto. Amiga, moitas grazas polas contribucións que ata o momento fixeches e que espero sigas facendo ao longo da miña etapa. Un saúdo, vémonos!

 

Fonte: http://es.123rf.com/imagenes-de-archivo/abrir_una_puerta.html