1.Os antepasados

1.Os antepasados

Última actualización de en Ivan Calviño Gomez

                                      

Non podemos proseguir con tranquilidade o noso camiño se antes nos esquecemos de onde vimos. Coa educación ocorre o mesmo, para lograr construir unha educación de calidade debemos de mirar antes ao noso pasado. Unha frase moi coñecida, e atribuída a diversos autores e personaxes históricos, dí que o que non coñece a súa historia está condenado a repetila.

É por isto polo que debemos de comezar con esta mirada ao pasado, para coñecer os antecedentes e aforrar tempo e recursos intentando non volver a caer nos mesmos erros.

Nalgunhas das miñas entradas xa falei sobre o modelo de educación máis clásica que se empregaba no noso país. Dito modelo estaba caracterizado por carecer de interactividade. Era un modelo educativo baseado na exposición de contidos, os cales debían de ser asimilados polos alumnos asistentes. Na maioría das veces as clases estaban compostas por un só profesor e un elevado número de alumnos, desta maneira a atención individualizada era case nula e o seguimento dos alumnos quedaba relegado aos exames periódicos que se realizasen.

Os contidos teóricos eran o eixe deste tipo de educación, o obxectivo de todo profesor debía de ser que os seus alumnos memorizasen unha serie de información recollida en temarios. A comprensión da mesma era algo que non era avaliado, e o desenvolvemento de outras competencias non era nin tan sequera tido en conta á hora de deseñar o plan de educación.

A tecnoloxía educativa coa que se contaba era escasa e moi sinxela, como por exemplo encerados ou simples follas de papel e libretas.

                                              

Este modelo de educación iba da man da sociedade. Hai que ter en conta que ,por aquel entonces, o modelo de mercado esixía traballadores os cales simplemente memorizasen as súas tarefas e as realizasen como autómatas. Capacidades como a creatividade quedaban relegadas a un segundo plano.

Deste modo vemos como o “primeiro eslabón” desta escala evolutiva está moi condicionado pola sociedade que o rodea e á que serve. Uns primeiros pasos da educación moi simplistas e superficiais, pero que por aquel entón consideraban suficientes para que os alumnos poidesen afrontar o seu futuro con seguridade.