2.O primeiro paso

2.O primeiro paso

Última actualización de en Ivan Calviño Gomez

Xa visto o primeiro eslabón da nosa cadea coa primeira páxina sobre o modelo clásico, toca ver agora o primeiro paso que se daba cara ao cambio.

Este paso sería dado a finais dos noventa e comezos do novo século.Xa durante anos anteriores se estiveran a dar pequenos cambios no sistema educativo, tales como a redución de alumnos por clase ou novas distribucións escolares. Sen embargo eran cambios pouco sustanciais e non o suficientemente radicais.

O paso ao que me refiro, e que realmente sería un cambio de certo impacto no noso sistema, foi o feito de comezar a introducir máis a tecnoloxía nas nosas aulas.

                                                    

Isto, ademais dun cambio grande, foi unha auténtica declaración de intencións. Foi un intento de romper coa educación clásica e deixar de lado o inmobilismo que a caracterizaba. Déronse de conta que a tecnoloxía era xa unha parte moi importante da sociedade e que era necesario comezar a introducila de inmediato na educación, para deste modo comezar a sacarlle todo o partido que se poidera e aproveitar as ventaxas que ofrecía en beneficio propio.

Polo tanto, a finais dos noventa, comezamos a ver como as clases das escolas de todo o país empregan máis que nunca novos materiais que ata entón non se tiveran en conta. O video comeza a ser un recurso tido moi en conta e as cualidades  comezan a ser aproveitadas en beneficio do aprendizaxe.

Do mesmo xeito os ordenadores comezan a aparecer en todas as institucións educativas. En todos os colexios implántase a famosa aula de informática, e esta mesma aparece como unha materia educativa en institutos.

Unha vez máis a educación debe de ir a remolque da sociedade. Unha vez que se dan conta do peso que posúen as novas tecnoloxías na nosa comunidade vense na obriga de comezar a introducilas. Por aquel tempo o ordenador xa estaba moi extendido entre os fogares do noso país, tamén o video e a televisión dominaban no que ao sector da información e entretemento se refire. Por isto que resulta lóxico que a educación se fixara neles e intentara aplicalos, en certo modo, ao seu modelo educativo.

Vemos desta maneira un primeiro paso cara á evolución do sistema educativo, comparable a cando os nosos antepasados comezaron a empregar ferramentas rudimentarias para realizar as súas tarefas. Sen embargo aínda quedaba moito camiño por percorrer.