3.Evolucionando cara a sociedade da información

A evolución do sistema educativo, como xa vimos anteriormente, soe ir condicionada polos cambios que se van dando na sociedade ao longo do tempo. Isto ten moito sentido, xa que a educación é un instrumento da propia sociedade para adaptar aos seus membros de cara á formar parte activa dela.

Non é sorprendente, polo tanto, que vendo os cambios que se estan a dar últimamente na sociedade a educación comece a cambiar tamén. Con isto refírome a que, nos últimos anos, pasamos a ser unha sociedade analóxica a ser unha sociedade dixitalizada. Este tema xa o mencionara varias veces durante a materia nas entradas que fora realizando, como por exemplo na primeira carta publicada.

A nova sociedade que se está a ver nos últimos anos é unha sociedade da información. As novas tecnoloxías, grazas as baixadas de prezos e ao aumento da produción, estanse estendendo máis que nunca. Non é raro agora ver un ordenador en cada fogar do noso país, por non falar do avance da telefonía móbil e o maior acceso co que contamos a día de hoxe ás redes de internet.

                                           

Todo isto favoreceu a creación dunha cultura da información, con acceso permanente a todo tipo de contidos.

E unha vez máis, a educación cambia cando a sociedade tamén cambia. Como xa fixera referencia nunha das miñas entradas, a nosa sociedade está a sufrir un desdobramento. Isto implica que agora contamos con dúas realidades, unha do mundo do día a día e outra do mundo dixital.

A educación comeza a ser consciente diso, e xa non se limita a empregar o ordenador como unha simple ferramenta para expoñer contidos. Con isto refírome a que anteriormente o ordenador era  introducido como unha nova tecnoloxía, sen embargo usábano seguindo o modelo antigo de educación. Por poñer un exemplo, moito antes expoñían un tema empregando o encerado, logo diso comezaron a expoñer o tema da mesma maneira pero empregando un ordenador ou un proxector. Sen embargo pronto comezaron a sacarlle máis partido á tecnoloxía e agora xa profundizan moito máis nas posibilidades que ofrecen estas novas tecnoloxías.

Un dos aspectos que máis se está aproveitando destas novas tecnoloxías é o da comunicación. Un exemplo disto é a materia na que nos atopamos agora, o uso que se fixo da rede Stellae é un dos motivos que temos para pensar en que un novo tipo de educación é posible. Por non falar do uso da educación en rede como por exemplo as plataformas educativas ou os cursos online.

Este paso na evolución da educación e da tecnoloxía podería ser perfectamente no que nos atopamos agora, cunha educación que integra as tecnoloxías, pero que aínda non aproveita todas as vantaxes que esta pode ofrecer.