4.Seguir medrando

4.Seguir medrando

Última actualización de en Ivan Calviño Gomez

Vendo o apartado anterior queda claro que se está a facer un esforzo por integrar as novas tecnoloxías o máximo posible no noso sistema educativo. Xa poñía como exemplo a rede Stellae, pero tamén existen programas para introducir os novos medios no sistema educativo, os cales estan apoiados e impulsados polo goberno central e os gobernos autonómicos.

Pero debemos de conformarnos con isto? Está claro que non, hai que dar un novo paso e seguir evolucionando. A sociedade evoluciona sen parar e a educación, dado que é quen responde ás necesidades da propia sociedade, debe de evolucionar ao mesmo tempo.

                                                 

                                         A película 2001 Odisea no espazo fai referencia á necesidade

                                         de evolución do home. Aínda que de maneira máis exaxerada.

Está claro que a situación actual non é a máis propicia para mellorar a educación. A crise e os recortes fan mella nun servizo que bastante ten con intentar manter a calidade, moitos ven mesmo como un logro o feito de non empeorar.

Sen embargo hai que facer esforzos, e existen moitos aspectos polos que se pode comezar para mellorar o noso sistema. A educación é a base da sociedade e vale a pena facer sacrificios con tal de aumentar a súa calidade.