Acabar co inmobilismo

Acabar co inmobilismo

Última actualización de en Ivan Calviño Gomez

Xa se falou que o primeiro eslabón desta cadea evolutiva era o modelo clásico educativo. Aquel modelo que abusaba da memorización de contidos e que non prestaba atención ás individualidades e a potenciación doutras capacidades.

Como xa se dixo é un modelo que debemos de coñecer de cara a mellorar o noso sistema e evitar repetir errores do pasado. Sen embargo hai persoas que seguen vendo a este modelo como o único que serve, e polo tanto ségueno aplicando a día de hoxe.

A diversidade de opinións é boa, e polo tanto que alguén pense que este modelo segue presentando vantaxes a día de hoxe é totalmente respetable. Pero non se pode seguir aplicando de maneira ríxida porque este modelo xa non se adapta como é debido á sociedade na que vivimos.

                                                             

Este inmobilismo que se da en moitos centros educativos é un lastre para un sistema educativo moderno. Vese normal que para algún tipo de contidos se apliquen principios do modelo clásico, pero non podemos empregala como se facía en anos anteriores porque sería educar sen ter en conta a realidade, e iso faría que do sistema escolar saísen alumnos que non están preparados para afrontar o mundo como é debido.

Isto pode ser identificado cos desdobramentos dunha liña evolutiva. Especies que non se adaptan ás necesidades do seu medio e acaban extintas, superadas por outras máis preparadas para sobrevivir en novas condicións.