Colaboración

Colaboración

Última actualización de en Ivan Calviño Gomez

O ser humano sempre dependeu moito da colaboración para sobrevivir. Por exemplo ,a sociedade é un medio que se crea como protección e para asegurar a supervivencia como especie.

Por isto chama a atención a pouca colaboración que ás veces se chega a dar no sector educativo. Unha falta de colaboración que ás veces supón un custo demasiado alto para o noso sistema educativo, e que traba moito o avance do mesmo.

                                                   

A nova tecnoloxía permite acceder a novos medios cos cales acabar con esa mala costume da nosa educación. Crear unha rede de centros o máis comunicada posible debe de ser unha prioridade para nos, aínda que requira de grandes inversións os beneficios tamén serán moi grandes.

Por outro lado debemos de sacar proveito das novas tecnoloxías para compartir coñecemento. Xa se poñía antes como exemplo a seguir a rede empregada nesta materia, Stellae, para sacar partido desa colaboración e das redes sociais. Sen embargo pódese ir máis alá e tomar o exemplo da Wikipedia, un espazo de colaboración no cal persoas de todo o mundo poden contribuir para mellorar o contido da mesma.

                                                   

Isto tamén implica fomentar a solidariedade na rede. O acceso á información e á cultura debe de ser un dereito fundamental para todo o mundo. Non se pode permitir que existan diferenzas neste acceso simplemente debido ao status económico de cada un.

Con estas medidas deberíase de contribuír a dar un paso máis na evolución cara  a unha educación para a sociedade da información. Deixando de lado os métodos clásicos e centrándose nunha educación adecuada á realidade na que vivimos.