Conclusións

Conclusións

Última actualización de en Ivan Calviño Gomez

 Antes de comezar esta materia vía a educación tal e como a presentei nunha das primeiras páxinas de este portafolios. Unha educación clásica, onde o máis efectivo era aprender contidos mediante a memorización de libros de texto. Poderíase decir que tiña unha visión un pouco limitada de  cara á aplicación da tecnoloxía no medio educativo, en parte condicionada polas experiencias vividas durante os meus anos de estudo primario e secundario.

Vía a tecnoloxía como algo complementario a este tipo de educación, unha ferramenta para ocasións puntuais que non iba máis alá diso, de aplicarse como un complemento a esta educación clásica. Sen embargo coa clase de tecnoloxía, e tamén coa clase de Multimedia de cuarto curso, puiden ver que estaba equivocado e que as aplicacións que ten a tecnoloxía van moito máis alá do que a miña limitada visión podía apreciar.

Xa non só é que agora considere a tecnoloxía aplicada á educación como unha ferramenta moi útil, senón que, como xa se pode apreciar nas miñas entradas e neste portafolios, considero a tecnoloxía como unha parte innegociable da educación. A tecnoloxía xa non é un complemento desta, senón que é un compoñente sen o cal non se pode entender a educación de hoxe en día, ou polo menos a educación que realmente responde ás necesidades da sociedade.

Tamén se debe destacar o uso da rede que se deu durante a materia. É de agradecer que nunha materia como esta se aplique o que se ensina, é dicir, se se está a fomentar o uso da tecnoloxía da educación é necesario que se faga uso dela e se predique co exemplo. Isto pode parecer algo moi obvio, pero ás veces hai xente que non fai uso do que eles mesmos expoñen.

A rede Stellae non era nova para min, xa a empregara con anterioridade na clase de Formación do profesorado, de aí que xa tivera subidas cousas á plataforma. Sen embargo teño que recoñecer que empecei algo perdido nas aportacións á rede.

En canto á valoración do meu propio traballo, creo que intentei facer aportacións que, ademais de repasar o contido das clases, ampliase algo máis o meu coñecemento sobre o propio tema.

En xeral as sensacións que tiven da materia foron moi boas. Non só porque cambiara a visión que tiña sobre a tecnoloxía, senón que aprendín bastante sobre a aplicación que esta pode ter na educación. De modo que poido dicir que o meu paso pola materia foi bastante enriquecedor.